Friday 17 de May de 2024

Ángeles Vázquez asiste na Coruña ao acto de celebración do 60 aniversaro da revista Telva


A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asistiu hoxe ao acto de celebración que a revista Telva organizou na Coruña co gallo do seu 60 aniversario, un período durante o que foi testemuña directa da transformación da sociedade.

Logo de subliñar que A Coruña e a moda “son sinónimos e van da man”, Ángeles Vázquez incidiu na relevancia que a cidade herculina ten para o sector téxtil, que é estratéxico e vital para a economía galego. De feito, a moda galega fíxose “un oco no panorama internacional a base de talento, innovación e industria”.

A maiores, a vicepresidenta segunda tamén fixo fincapé na atención que Telva presta a cuestións como o benestar, o ocio e o turismo. Nesa liña, lembrou que Galicia “é fonte inesgotable de noticias e reportaxes de interese para os lectores da revista” tanto pola súa condición de destino ideal de viaxe polo seu clima amable e as súas propostas culturais e gastronómicas como por ser exemplo dun estilo de vida único.